Calquera diría que o domingo é día de descanso, porque na explanada da lonxa e en toda a avenida do Malecón de Ribeira foi un día de intenso traballo. Chegan as atraccións para as Festas do Verán que comezan o próximo mércores. Desde aparatos para adultos que van da montaña rusa Súper Ratón á pista de coches de choque pasando polo Barco Pirata e a olla Jumanjy, ata os infantís (Circus, pista de coches, noria, tortugas ninja, trampolín, pistas americanas, camas elásticas, globo, baby, aerolandia, tobogán…), sen esquecernos da tómbola El Cubo (unha fixa nas festas ribeirenses) e das innumerables casetas e postos de venda ambulante, encherán durante unha semana a fronte da cidade que vai desde a explanada da lonxa ata a gasolineira Repsol do Malecón.

E aínda faltan moitas, pois veñen das festas de Santiago durante hoxe luns: o tren Popof, o saltamontes, o dragón, o gusano Pupo, o bufalito, etc… Tamén faltan varias de adultos como o Boomerang e o Explorer, e algunhas infantís como o scalextric, que irán chegando nas próximas horas. Ribeira énchese de diversión para os próximos días!

[Clica na imaxe para acceder ás fotos da montaxe das primeiras atraccións. Iremos subindo máis estes días]

Ribeira 2016 - Festas do Verán - Montaxe 1

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*