14 e 15 de agosto, as datas con maior número de festas en Galicia, e tamén as máis caras na contratación de orquestras e grupos musicais.
Centos de festas teñen lugar estes días por toda a xeografía galega. Nós ofrecemos máis de 50 propostas festeiras que poderás consultar clicando na imaxe desta entrada para acceder a flickr. Ademais das festas patronais de Santa María e San Roque en múltiples localidades, seguen as festas da Coruña (María Pita) e Pontevedra (Peregrina) entre outras.
Boas festas!