Celebración con ampliación

0
371

orquesta-jerusalen-2010-cartelCartel da orquestra Jerusalén para a temporada 2010

Mañá domingo 11 de abril a parroquia cambadesa de Castrelo está de festas. Os veciños celebran a ampliación do campo da festa cunha xornada verbeneira. Xa desde primeiras horas da mañá soará a música pola parroquia. A primeira en amenizar o día será a Coral Polifónica de Santa Cruz e a súa banda de música.

Pola noite a música cambiará a estilos máis verbeneiros cos repertorios das orquestras JERUSALÉN e CINEMA. As formacións musicais lideradas por Jorge Menéndez e Alberto Dopico respectivamente serán as encargadas da verbena en Castrelos ata altas horas da madrugada.

En caso de mal tempo, os actos relixiosos serán dentro da igrexa de Castrelos e en canto ás orquestras, uniranse ao programa de festas de Santa Cruz a fin de semana do 15 de maio. Aínda que esta posibilidade se pode descartar se temos en conta a predición meteorolóxica que apunta a ceos despexados e altas temperaturas.

orquesta-cinema-2010-cartel

Cartel da orquestra Cinema para a temporada 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*