Unha de viquingos en Catoira

0
383

catoira-romaria-vikinga-imaxeFonte: adn.es/A Coruña

A localidade pontevedresa de Catoira celebra outro ano máis a súa Romaría Vikinga, que xa vai pola edición número 49, con diversos actos que xa comezaron o venres pero que teñen como día central o domingo 2 de agosto.

Cada primeiro domingo de agosto ten lugar nas Torres de Oeste de Catoira unha recreación do desembarco viquingo e defensa das Torres de Oeste, que se completa con outras moitas actividades e culmina con verbena. Esta vez tocarán as formacións TOKIO e ALKAR.

PROGRAMA COMPLETO

VIKINSONS
Venres 31 de xullo / 00,00 h. / Avenida Eloy Domínguez
Noise Project / Som do Galpom
Sábado 1 de agosto / 00,00 h. / Praza do Dtor. Vázquez (Estación FFCC)
Guezos / Tonhito de Poi e Rasa Loba

Cea vikinga
Sábado 1 de agosto / 22,00 h. / Recinto Torres de Oeste
Venda de tickets na Biblioteca Pública Municipal de Catoira

Cerimonia da Paz
Sábado 1 de agosto / 00,00 h. / Recinto Torres de Oeste
Procesión de fachos, conxuro e degustación de queimada

49 Romaría Vikinga
Domingo 2 de agosto
– 10,00 h. Pasarrúas de grupos folclóricos desde a Praza do Concello ata o recinto das Torres de Oeste
Mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval no recinto das Torres de Oeste
– 12,00 h. ¡Quen dixo circo! con Duende Sico no recinto das Torres de Oeste

13,00 h. Dramatización do desembarco vikingo e defensa das Torres de Oeste

– 13,45 h. Espectáculo medieval: Zancalino

– 14,00 h. Xantar campestre
– 15,00/19,00 h. Actuación de grupos folclóricos nas Torres de Oeste
– 22,30 h. Verbena popular na Alameda do Concello: Tokio e Alkar

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*