Non só en Ribeira comezan hoxe mércores as festas da agosto, en Cambados, na outra beira da ría de Arousa, celebrarán tamén a súa festa máis importante do verán: as Festas do Albariño 2016 ata o domingo.
Un recinto de atraccións (non tan grande como o ribeirense) e un cartel musical variado acompañarán as casetas do viño ata a próxima fin de semana. Actuarán, entre outros KELTIA e LOS PLAYERS (mércores) SUAECITO e ROI CASL (xoves), MARIMBA e KEVIN WEATHERI (venres), AMERIKAN TOP e ASIAN DUB FOUNDATION (sábado) e BANDA CASTRELO para cerrar o domingo. Haberá todos os días ata o sábado discoteca móbil.
O domingo ás 00.00 horas haberá unha sesión de fogos de artificio para lles poñer fin ás festas. Á mesma hora, na outra banda da ría, en Ribeira, tamén terá lugar a sesión pirotécnica. Boas festas!