Comezan esta noite as primeiras festas de Noia, o San Marcos. Catro días cheos de actividades lúdicas e festivas onde, como é habitual, destaca o apartado musical.

Noia 2016 - Festas patronais de San Marcos - programa 1

Noia 2016 - Festas patronais de San Marcos - programa 2

A orquestra PONTEVEDRA será a primeira en actuar esta noite na alameda noiesa, xornada na que tamén terá lugar o primeiro gran concerto na praza do Tapal: SEGURIDAD SOCIAL.

Para mañá sábado está prevista a I Gran Foliada de San Marcos con oito grupos participantes. GRAN PARADA e CLAXXON serán os encargados da verbena e o concerto estará a cargo do grupo THE LAKAZANS.

PANORAMA e LOS SATÉLITES actuarán o domingo, e o último día será a vez da PARÍS DE NOIA, despois de varios anos sen actuar no San Marcos. O concerto de fin de festas farao o grupo folk TREIXADURA.

Exposicións, obradoiros, feira de maquinaria agrícola, xigantes e cabezudos, paseo de cabalos e un gran recinto de atraccións de feira completan a oferta festiva en Noia desde hoxe e ata o luns 25 (día propio de San Marcos).

Un programa de nivel para a primeira cita festeira en Noia, despois virán a feira medieval, o Carme e as do verán a finais de agosto. É que en Noia non paran!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*