Entroido e aniversario con Olympus

0
320

orquesta-olympus-2010-entroido-disco-pazosDúas citas importantes para os seguidores da orquestra de Negreira: o comezo do Entroido e a Festa do Amor, venres e sábado respectivamente.

A primeira das citas con OLYMPUS terá lugar hoxe na discoteca Pazos da Laracha. A segunda será mañá dentro do que se denominou a Festa do Amor; unha cita festiva organizada pola sala LP 45 de Ordes para celebrar o seu 20 aniversario e pola orquestra para dedicarlles unha noite aos fans e presentar o que será a nova liña OLYMPUS de identidade e merchandising. Haberá sorteo de regalos, presentación oficial do disco O final do camiño e do vídeo, e moitas outras sorpresas.

orquesta-olympus-2010-aniversario-lp45

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*