Citas festeiras para a fin de semana

0
562

Grupo La Oca - 2009 - 002 SanxenxoO grupo La Oca incorpórase ao traballo despois das vacacións de 2010 que acaban de rematar. Na fotografía o grupo na temporada 2009 / © Foto: roxegar 2009

A festividade do San Martiño é a culpable, en moitos casos, das festas programadas para esta fin de semana. Sobre todo na Costa da Morte, onde nos centraremos desta volta, temos cando menos tres opcións festeiras para hoxe e mañá.

Concretamente en Vilaseco (Vimianzo), estarán hoxe venres e mañá de festas. O grupo LA OCA será o encargado de amenizar a primeira verbena acompañado pola orquestra NEBRASKA. O grupo pontevedrés chega coas pilas postas despois de gozar das merecidas vacacións. Mañá será o grupo ESTRELLA acompañado dunha discoteca móbil.

Tamén en Vimianzo, neste caso Olveira, estarán de celebracións esta noite cunha gran verbena amenizada polo grupo OCÉANO e a orquestra LA BÁMBOLA de Vilagarcía de Arousa.

En Carnota, concretamente en Lariño, celebran as súas festas como cada ano durante estes dous días. Hoxe serán o grupo pontevedrés MASTER e a orquestra PANORAMA os encargados de montar unha boa festa. Mañá serán o grupo LIMÓN e outra das grandes, COSTA OESTE, que cerra temporada.

Á volta das vacacións na orquestra rianxeira incorporará nova cantante, Marta Valiño, que volve á formación musical despois de dous anos como única vocalista en OLYMPUS.

E o San Martiño tamén se celebra en Fisterra mañá sábado. Alí actuarán o grupo JOCKER e a orquestra asturiana SONORA REAL.

E aínda queda algunha celebración máis pola nosa xeografía, pero estas que aquí destacamos poden ser un bo reclamo para ir de festa outra xornada máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*