O grupo Naranja abre nova temporada con cambios

0
351

grupo-naranja-2009-fotoFotografía promocional do grupo Naranja 2009. A formación musical comeza nova temporada con cambios na dianteira

O grupo NARANJA de Pontevedra emprenderá en breve a súa nova xira 2010 con algúns cambios relevantes na formación, novo espectáculo, actualización da súa web e moitas outras sorpresas que farán da próxima temporada algo especial para este grupo.

Infórmannos desde a dirección do grupo musical dos cambios que se levarán a cabo na dianteira. O máis salientable é que pasan de ter dúas voces femininas e unha masculina a unha voz feminina e dúas masculinas. Quedaría como segue:

-Roxana Paladines (ex compoñente do grupo D’NOCHE, e terceira temporada en NARANJA)

-Quique Casado (ex compoñente de ESCAPARATE e SINTONÍA DE VIGO)

-Quique Fernández (ex compoñente de SAUDADE 73 e orquestra MARIMBA)

O cadro de músicos continúa sen alteracións: Rubén (batería e ritmo), Manuel Mourente (baixo acústico) e Carlos Martínez (teclados e piano). Saen da formación as dúas voces Eugenio Cordobés e Mónica (ex NUEVA GALA e ex BRUJAS respectivamente).

Ademais, na xira 2010 o grupo estará representado pola axencia de espectáculos Zona Sur (integrada en Alfa 3 Producciones). Podes consultar as datas de NARANJA na entrada das datas de grupos e orquestras para este mes de novembro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*