Despois da Festa da Xuventude en Escarabote (Boiro) e a primeira edición da de Rianxo, chega unha nova proposta festeira á comarca do Barbanza, concretamente a Aguiño, onde a prestixiosa orquestra PARÍS DE NOIA compartirá cartel co grupo ATENAS e unha discoteca móbil.
Hai ganas de ver a PARÍS por estas terras. Se a PANORAMA xa estivo por partida dobre en Boiro e LA FÓRMULA formou parte do cartel da Xuventude en Rianxo (xunto coa CHARLESTON BIG BAND), faltaba por ver outra das consideradas “grandes”.
Nova montaxe e novo repertorio que non deixarán indiferente a ninguén e constitúen a principal atracción do cartel de Aguiño, onde actuará tamén o polifacético grupo ATENAS. E por se aínda quedan máis ganas de troula, unha discoteca móbil poñerá a música ata altas horas da mañá no porto de Aguiño.