Oito formacións musicais para o San Xoán de Poio

0
185

poio-san-xoan-2010-cartelCartel anunciador das festas de San Xoán de Poio 2010

Poio recibe o verán cada ano coas festas do patrón, San Xoán de Poio. A estrada de Sanxenxo a Pontevedra está engalanada con bolboretas xigantes que anuncian as festas. Ao pasar Combarro e antes de chegar ao núcleo urbano de San Salvador de Poio está San Xoán de Poio. E na explanada das instalacións deportivas están preparando as atraccións de feira que animarán as festas durante cinco días de celebración. O pregón de Marcial Mouzo dará paso nos seguintes días á actuación de oito formacións musicais de Espectáculos Lito ata o vindeiro sabado. Como non podía ser doutro xeito, a noite do San Xoán terá a súa sardiñada e o sábado pola noite despediranse as celebracións de Poio cunha gran sesión de fogos artificiais e a actuación de dúas grandes orquestras: GRAN PARADA e ABANICO.

Pero non serán as únicas, no programa de San Xoán hai programadas oito actuacións musicais que van do grupo LIMÓN á PANORAMA pasando por diversas propostas musicais. Para consultar o programa completo podes clicar na seguinte imaxe:

poio-san-xoan-2010-programa1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*