Sofán en festas, e que festas!

0
187

A parroquia de Sofán (Carballo) comeza hoxe as festas patronais cun cartel de nivel

A parroquia carballesa de Sofán comeza hoxe unhas festas de gran nivel tendo en conta o programa de formacións musicais contratado para esta edición 2009. O grupo CICLÓN (que está arrasando este ano) e a orquestra coruñesa VERSALLES serán os primeiros en facer festa, e da boa, tal como acostuman calquera das dúas formacións musicais.

Mañá venres é o día no que subirán ao escenario os compoñentes do grupo SPRINGFIELD, un vello grupo coñecido dos campos da festa que compartirá noite coa orquestra PANORAMA, que chega a Sofán co seu espectáculo EL GRAN MUSICAL. Ademais, é unha oportunidade para os carballeses xa que esta orquestra non estivo no San Xoán nin tampouco vai estar nas patronais da Laracha.

Cerrarán as festas o grupo NEBRASKA e a orquestra estradense GALILEA, que está a recoller moi boas críticas alá por onde pasa.

En Sofán, os veciños e toda a comarca de Bergantiños teñen por diante tres días de festa rachada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*