O festón de Mosteirón

0
479

sada-mosteiron-2010-cartel1A Mosteirón chegan este ano orquestras novas

O pequeno lugar de Mosteirón, en Sada, prepara para esta fin de semana as súas festas de San Bieito. Cartel, o de Mosteirón, dos mellores da zona onde cada ano xuntan a varias das consideradas mellores orquestras de Galicia. Pero este ano hai cambios importantes, non porque as orquestras non sexan boas senón porque non aparecen as “típicas” que a maioría da xente esperaría despois de tantos anos.

As agrupacións musicais de Mosteirón 2010 son novas aquí: JUAN MALLO da Coruña, IPANEMA de León ou ARMONÍA SHOW, que comeza na parroquia sadense a súa xira 2010 tal como informamos en Festa a Festa.

O repertorio clásico e elegante de JUAN MALLO para o primeiro día das festas dará paso á presentación en Galicia da nova xira de ARMONÍA SHOW, unha das orquestras máis esperadas esta temporada.

O sábado a festa estará máis encarada ao espectáculo. Chega a Mosteirón a orquestra IPANEMA, posta en escena espectacular sen descoidar o baile. Un grupo sorpresa acompañará a agrupación leonesa.

O domingo é o día máis frouxo, só haberá sesión vermú a cargo do grupo DISEÑO.

Por suposto, xa é tradicional en Mosteirón a súa churrascada coa que dan comezo, o venres, as festas que este ano presentan importantes novidades con respecto ás orquestras.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*