Alejandro Sánchez, nova voz para a orquestra Los Príncipes
A orquestra coruñesa ficha a un novo cantante para a súa dianteira. Deste xeito serán cinco os artistas que defenderán a cabeceira da orquestra (tres voces masculinas e dúas femininas).
Á dianteira formada por David, Carmen, Giselle e Cristian incorpórase agora Alejandro Sánchez. O artista vén da illa de Lanzarote, onde se proclamou gañador dun programa da TV canaria que lle permitiu participar en varios concertos dos 40 Principales e compartir escenario con Shaila Durcal, Walter, José Galisteo, Beatriz Luengo, Ramón del Castillo, Guaraná, Saray Ramírez ou BNK entre outros.
Xa anunciamos hai semanas que a orquestra Los Príncipes estreaba web, escenario e novo espectáculo para a xira 2009; pero a formación musical aínda gardaba este as na manga que seguramente non será o último.
Desexámoslle moita sorte a Alejandro Sánchez na súa nova andaina e a toda a orquestra ánimo e forza para a xira 2009.
Para máis información podes visitar:
Hola bueno en primeiro lugar darlle a noraboa o rapaz e a orquesta que teñan moito exito este veran e nada viña pa decirche duas datas mais. O viernes 5 en Leira-Ordes Panorama e Versalles e o sabado 6 en Trasmonte-Oroso Panorama e Nova Palma. Sin mais iso e todo.
Grazas Judit.
Poñemos no calendario as datas. Sobre a festa de Leira mandáronos unha páxina web que tamén poñeremos nos enlaces, de momento está baleira pero supoño que poñerán o programa en breve porque a festa xa está aí.
Saúdos!!!!