Festas da Gracia en Compostela

0
566

santiago-de-compostela-a-gracia-2009-cartelA próxima fin de semana hai festas en Compostela, concretamente as da Gracia. A nosa amiga Judit enviounos toda a información destas festas coa localización e itinerario incluídos.

A festa da Gracia é moi coñecida en Santiago de Compostela polos moitos anos de tradición da súa procesión sempre moi concorrida. Ademais, as celebracións sempre contan con orquestras importantes e este ano non podía ser menos: a PANORAMA estará acompañada na verbena do sábado pola orquestra VENEZIA, que será a encargada de facer a sesión vermú.

O domingo, día grande, contarase coa actuación da orquestra NUEVA GENERACIÓN e dun grupo que está arrasando en 2009: CICLÓN.

A localización do campo da festa queda detrás do Poligono Industrial do Tambre, en Santiago de Compostela.

ITINERARIO: Os que vides por autoestrada, cando cheguedes a Santiago deberedes coller a saída Santiago Norte, logo chegaredes a unha rotonda na que deberedes coller á dereita direccion Polígono Industrial, incorporádesvos ao periferico e seguides todo recto sen coller ningun desvío ata que se acabe. Na saída do periferico hai dous desvíos, un á dereita direccion A Coruña por N-550 ou á esquera direccion Poligono Industrial do Tambre. Colledes á esquerda, dirección Polígono.  Ides entrar no Polígono do Tambre e debedes seguir todo recto ata o final do Polígono e cando cheguedes ao final haberá unha rotonda na cal deberedes coller á dereita ( aí xa estara sinalado ) e en 1 km máis ou menos estades na festa.

Os que vides por estrada desde A Coruña, debedes vir pola N-550, pasades Sigüeiro e a 10 km máis ou menos encóntrase Santiago, pois ao pasar Sigüeiro chegando a Santiago xa encontraredes a FINSA á esquerda. Xusto despois de pasar a FINSA colledes a entrada que vexades á dereita. Esa é a entrada do Polígono Industrial do Tambre, despois simplemente teredes que seguir todo recto ata o final do poligono onde haberá unha rotonda; deberedes coller á dereita e a 1 km máis ou menos encóntrase a festa.

Sen comentarios

  1. Gracias Roxe por poñer todo o que che dixen. Espero que te poidas acercar o sabado a festa. Moitas gracias de verdad.
    Si alguen ten algunha dubida que me pregunte por aqui que estarei encantada de responder. Gracias

Deixa unha resposta


*