Betanzos: referencia festeira na comarca

0
433

betanzos-san-roque-2009O programa das festas patronais de Betanzos 2009 é realmente impresionante. Aínda que se aplica unha redución de 40.000 euros por parte do Concello, reducindo entre outras cousas os grandes concertos a un, cando estes últimos anos eran dous, o programa resulta moi atractivo e variado: a música de nove orquestras e grupos moi coñecidos, a actuación de CARLOS BAUTE e outras propostas musicais de raigame para ter moi en conta: BRATH e MILLADOIRO.

A impresión que nos queda despois de coñecer o programa completo das festas é que este ano as de Betanzos se converten nas mellores festas da comarca superando claramente as súas rivais máis próximas e que coinciden no tempo: Sada e Cambre. Destacan os concertos xa citados e a actuación case todos os días dunha orquestra coñecida, á parte da actuación de dúas os días 18 e 25 coincidindo coas xiras aos Caneiros.

O día 18 NUEVA GENERACIÓN tocará na praza das festas e CIBELES á beira do río. O mesmo acontecerá o día 25 con TEKILA e NOVA IMPERIAL. O programa complétase con fogos de artificio os días 16 e 25 e outras moitas ofertas sen esquecernos por suposto da elevación do monumental globo de 25 metros o día de San Roque amenizada pola orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW.

ALARMA (día 14), TAMBO (día 15), PANORAMA (día 19) e PARÍS DE NOIA (día 21) completan a oferta verbeneira de San Roque 2009 en Betanzos.

Podes consultar o programa completo das festas patronais de Betanzos 2009.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*