Cartel de luxo en Vilagarcía

0
389

vilagarcia-a-torre-2010-cartelSeis formacións musicais da axencia de espectáculos Lito amenizarán as festas da Torre, Vilagarcía de Arousa, en honor a San Miguel

Un ano máis son as festas da Torre (Vilagarcía de Arousa), e tal como nos teñen acostumados, o cartel é de luxo, con algunhas das consideradas mellores orquestras da temporada.

As celebracións de San Miguel comezan xa hoxe, coa actuación de dúas formacións punteiras no catálogo de Lito Espectáculos: a JERUSALÉN e mais a PANORAMA abrirán hoxe as festas na Torre.

E o venres outras dúas non menos importantes: GRAN PARADA e PARÍS DE NOIA, que cerra temporada o 17 de outubro.

Para o sábado, último día de festas, desde Portonovo chega o grupo ALKAR, que estará acompañado por unha das orquestras que se caracteriza polo seu repertorio verbeneiro 100%, a PONTEVEDRA.

Cartel de luxo para unhas festas que a pesar da crise logran manter o nivel que as caracteriza ano tras ano.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*