Cartel de luxo para Dodro

0
455

Dodro - San Campio 2010- cartel elaboración propia

A localidade de Dodro, entre os concellos de Padrón e Rianxo, celebra as súas festas grandes. E para festas grandes, orquestras grandes. Unha selección de formacións musicais de primeira liña pasarán polo concello nestes tres días de festa que comezan hoxe; ou mellor dito, que comezaron onte cunha festa infantil denominada DIVERNENO.

Pero será a partir de hoxe cando os veciños e visitantes poderán bailar ao ritmo dalgunhas das mellores orquestras ou grupos dentro do seu estilo: MIDAS e LOS TROVADORES amenizarán hoxe as celebracións de San Campio. Mañá serán a orquestra TANGO e mais LOS PLAYER’S cun repertorio de exhibición vocal e de baile moi verbeneiro. E para rematar, o martes, dúas excepcionais formacións musicais: a orquestra GRAN CANARIA cos seus ritmos de salsa, cumbia e merengue, e o grupo asturiano ASSIA, cun repertorio inusual e único no seu xénero. Música de grandes ídolos de todos os tempos que só se pode escoitar da man deste grupo asturiano que ben podía prodigarse máis pola nosa terra: Medina Azahara, Camarón, A-ha, Bonnie Tyler, Rod Steward, Jon Secada, David Bowie e un longo etcétera. Nunha frase, música exclusiva dunha festa con ASSIA, combinada cos temas verbeneiros máis populares. En Dodro, o martes.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*