A xa ex cantante de Olympus Marta Valiño / © Foto: roxegar 2010
A OLYMPUS de Negreira chegou o día 31 pasado en Ordes ao final do Camiño. Despois dunha semana na que os compoñentes fixeron o Camiño de Santiago desde O Cebreiro, o pasado domingo, despois de chegar a Compostela, subiron ao microbús para trasladárense a LP 45 onde realizaron o último concerto da temporada. Ao Final do Camiño, xira da orquestra OLYMPUS 2010 clausurouse e a historia que comezaba no mes de maio en Parada (Ordes), onde Festa a Festa gravou parte da actuación e tirou unha galería de fotografías xa publicadas, chegou ao final.
E esta fin de temporada tamén o é para a vocalista da orquestra, tal como informamos en exclusiva neste blog. Marta Valiño abandona a formación musical e os seus compañeiros fixéronlle unha despedida como se merece. Hoxe a homenaxe facémoslla en Festa a Festa porque a consideramos unha das mellores voces actuais das orquestras galegas. Marta volve á formación musical que a viu crecer como artista durante 11 anos: COSTA OESTE.
Pero antes de podela ver na nova formación, ofrecemos aquí unha galería coas fotos máis destacadas destas últimas temporadas e vídeos das dúas xiras pasadas de Olympus: El poder de la magia e Ao final do Camiño.
© roxegar Festa a Festa. Reservados todos os dereitos