Romaría de Santa Eufemia en Ordes

0
351

ordes-leira-2009-cartel

Comeza unha das romarías máis importantes do concello de Ordes. En Leira, celébrase a Santa Eufemia un ano máis. Desta volta serán dous días de festa da man de grandes orquestras e grupos musicais. A primeira xornada estará amenizada pola música das orquestras GALILEA e COSTA OESTE. Na segunda xornada soará a música dos grupos SAMBA e CICLÓN. Calquera das catro formacións musicais son moi recomendables, cada unha no seu estilo, para a celebración das festas. Destacamos a voz feminina de SAMBA, o repertorio de GALILEA, o segundo pase de CICLÓN e o espectáculo de COSTA OESTE.

Hai que salientar tamén a actuación estelar de PILI PAMPÍN para cerrar as festas en Leira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*