Comezan hoxe as festas máis nomeadas da comarca de Bergantiños: o San Xoán de Carballo. As celebracións durarán toda a semana e traen multitude de actos lúdicos para celebrar o patrón.
Ademais de múltiples actividades e competicións deportivas, o programa achega outras actividades lúdicas e festivas como o Concurso de cachelas (martes), o Descenso do Anllóns e degustación de chourizos e viño (xoves) ou o Gran prix de carrilanas (sábado).
O domingo terá lugar a xa tradicional Festa do Bosque (no bosque do Añón) e a tirada de fogos artificiais (na agra da Lagoa). Esa noite, despois dos fogos a Tómbola del Cubo sorteará un coche.
As orquestras encargadas de amenizar as verbenas en Carballo este ano son as seguintes: GRAN PARADA (martes), CICLÓN (mércores), MARBELLA LIGHTS SHOW (xoves), LOS SATÉLITES e TRÉBOL (venres), COSTA OESTE e ORQUESTRA TV (sábado) e OLYMPUS (domingo).
En canto aos concertos, este ano actuarán na capital de Bergantiños LORI MEYERS (mércores), DIOS SALVE A LA REINA (xoves) e TOÑITO DE POI e RASA LOBA (domingo).
O luns 29 celebrarase o Día do Neno nas atraccións de feira situadas no parque do San Martiño, como é habitual nas festas do San Xoán, con descontos.
Hoxe comeza oficialmente unha nova edición festeira en Carballo coa lectura do pregón por parte de Rober Bodegas. A diversión está servida durante toda a semana.
Podes consultar o programa completo das Festas do San Xoán 2009 de Carballo.