Meicende emprende cinco días de festa

0
484

arteixo-2010-meicende-agosto-cartel

Non teñen a mesma sorte os veciños do mesmo concello pertencentes a Pastoriza e Loureda; alí non hai festas este ano. A falta de comisión fai que dous lugares de Arteixo queden este ano sen as súas festas patronais. Non pasa o mesmo, afortunadamente, en Meicende, Borroa e Nostián. Alí si haberá festas durante nada máis e nada menos que cinco días.

Cunha orquestra por determinar ata última hora comezaron os festexos no campo de festas de Meicende cunha gran churrascada. A partir de mañá sábado varios grupos da oficina de Lito Espectáculos pasarán pola localidade arteixá para ofrecer a súa mellor música. Todos bastante diferentes entre si: LIMÓN, SAMBA, ATENAS e TRIUNFO para cerrar o martes as celebracións.

SAMBA estará con outro grupo, CICLÓN, o martes nas festas da Laracha.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*