37 anos de festa do salmón na Estrada

0
224

a-estrada-festa-do-salmon-2010-cartel

Estamos ante a 37 edición da Festa do Salmón da Estrada, unha das celebracións gastronómicas de máis sona de toda a comarca. Aínda que as actividades teñen lugar xa durante a semana, é na fin de semana e especialmente o domingo cando se desenvolve o groso do programa.

A posta en marcha dun mercado ecolóxico, teatro, actuacións musicais, a Feira do Libro durante varias xornadas e ata o luns 17 (Día das Letras) e mesmo unha concentración de motos Harley Davidson son só algunhas das actividades que poderemos atopar esta fin de semana na Estrada.

Ademais, a hostalaría da Estrada súmase á festa ofrecendo degustacións gratuítas de salmón cociñado de múltiples maneiras durante toda a xornada festiva.

Para consultar o progranma completo pódese visitar a páxina web do Concello da Estrada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*