O grupo Metrópolis felicita o ano a todos os visitantes de Festa a Festa
Informábamos non hai moito tempo da aparición dun novo grupo orquesteiro chamado METRÓPOLIS e poucos datos tiñamos sobre a formación definitiva. Hoxe podemos publicar xa o cadro de músicos e cantantes da nova formación musical.
Caras moi coñecidas, sobre todo para os que seguen o grupo LIMÓN. Dous compoñentes desta popular formación musical son os responsables de METRÓPOLIS. Con eles chegan outros dous ex compoñentes de LIMÓN. Aos catro profesionais da verbena úneselles a voz feminina: Arantxa, procedente do grupo FÓRMULA e ex integrante de TRIUNFO; e para darlle aire fresco á nova formación representada por Espectáculos Lito, dous novos músicos no baixo e nos teclados.
Xa temos a combinación perfecta para gozar das festas en 2011; de seguro que o grupo METRÓPOLIS dará moito que falar e sobre todo que bailar. A formación definitiva queda así:
DIANTEIRA:
- ANGEL (GRUPO LIMON, NOVA PALMA, NUEVA GENERACION)
- PABLO (GRUPO LIMON,NOVA PALMA)
- ARANTXA(GRUPO FORMULA,GRUPO TRIUNFO)
MÚSICOS:
- ESTEBAN BATERIA GRUPO LIMON)
- CARLIÑOS BAJISTA
- BORJA GUITARRA ( GRUPO LIMON)
- CARLOS PIANISTA
Por último, desde a dirección do grupo METRÓPOLIS queren felicitar as festas e desexar un bo ano 2011 a todos os visitantes de Festa a Festa. O mesmo lle desexamos desde este blog a toda a formación musical. Que veña un ano cargado de boas festas!
______________________________
Podes agregar a METRÓPOLIS nas redes sociais Facebook e Tuenti