Exaltación e boas festas en Lorbé

0
376

oleiros-lorbe-2010-cartelCosta Oeste e Marbella, dúas orquestras de primeira liña para as festas de Lorbé, en Oleiros

A localidade oleirense de Lorbé, famosa polos seus mexillóns, está de festas. Tres días de celebración que culminarán o domingo coa Festa do Mexillón e a actuación dunha orquestra. Ata ese momento poderemos gozar da música de dúas orquestras de primeira liña: COSTA OESTE (venres) e MARBELLA (sábado). As formacións lideradas por Javi Comesaña e Víctor serán as encargadas das dúas primeiras grandes verbenas.

A Festa do Mexillón congrega cada ano a centos de visitantes para degustar o produto que lle dá sona ao porto mariñeiro oleirense.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*