A madalena trae a festa ao Milladoiro

0
398

orquesta-philadelphia-2010-cartel-para-flickrA orquestra Philadelphia será unha das seis agrupacións musicais para amenizar as verbenas do Milladoiro ata o luns

O pasado 22 de xullo, día da Madalena, foi xornada festiva no Milladoiro (Ames). Ás citas relixiosas houbo que lle sumar a verbena co grupo OCÉANO. Pero é na fin de semana cando a popular localidade celebra catro días de festa por todo o alto.

Coñecidas orquestras de Espectáculos Lito como a PHILADELPHIA, CICLÓN, GRAN PARADA ou VERSALLES serán as encargadas, entre outras, de poñerlle música a unhas festas que gozan de gran popularidade entre os veciños.

Este é o programa completo:

VENRES 30 XULLO

11,00h. FESTA DA MOCIDADE (Patrocina Concellería da Mocidade)
Inchables nas principais pzas. do Milladoiro
Obradoiros, actuacións de maxia.
Circuítos deportivos é actividades de ocio
Actuacións exhibicións de mozos e mozas do Concello,
representacións teatrais, música, baile, break dance.
Festa da escuma.

23,00h. VII edición do MILLAROCK; actuarán ademais do gañador do
Certame, RIFF-RAFF e a BANDA DO CAMIÓN
01,30h.    I  edición do MILLARAP actuarán :
C K F Crew e  COMANDO CATANHA

SÁBADO 31 XULLO

10,00h. Dianas e alboradas.
20,30h. Programación infantil: Actuación dos magníficos pallasos
” LLYLA e FIFO ” http://www.infantilandia.com/
Lugar: Campo da festa e ao rematar . . .
22,00h. Verbena cun dos grupos que máis fan bailar á xente
” ALMA LATINA “ http://www.grupoalmalatina.com/
e ” P H I L A D E L P H I A “ http://www.orquestaphiladelphia.net/

DOMINGO 1 AGOSTO

10,00h. Disparo das 21 bombas de palenque anunciando
o DÍA GRANDE das festas
10,00h. Misa solemne na capela
12,30h. Saída da procesión desde o lugar de orixe
13,00h. Misa solemne
13,30h. Concerto a cargo da “Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo
Patrocinada pola Concellería de Cultura e Deportes Concello de Ames
14,00h. Sesión vermú cunha orquestra SOPRESA de Espectáculos Lito
22,00h. Verbena cunha magnífica orquestra e actuación do inimitable
grupo ” C I C L O N “ http://www.grupociclon.net/

LUNS 2 AGOSTO

10,00h. Dianas e alboradas
16,00h. Percorrido polos lugares de Vilar de Calo, Bentín, Paramuíño,
A Grela, Porto e Milladoiro dun TREN CHU-CHU.
18,00h. Tarde infantil nas atraccións de feira cun ” 2 X 1 ”
20,00h. Percorrido da “Banda de Música Cultural de Teo”
Convenio Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña
21,00h. Santa Misa
21,30h. Procesión de recollida da Santa ao seu lugar de orixe
22,00h. Verbena coa maxistral orquestra ” G R A N   P A R A D A “
http://www.orquestagranparada.net/
e a espectacular orquestra  ” V E R S A L L E S “
http://www.orquestaversalles.net/

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*