Festas tradicionais para ter en conta

0
477

Moitas son as propostas á marxe das típicas verbenas para os vindeiros días. Moito rock e música popular en festas e festivais que cada ano congregan a milleiros de persoas. Outro xeito de ir de festa.

Ofrecemos unha pequena mostra das citas festivas para as vindeiras horas. Clicando en calquera dos carteis poderás acceder á nosa conta de Flickr onde atoparás máis eventos festeiros.

Moura Rock 2010 - 5ª edición - Gondomar - Chaín - xullo - agosto - cartel

Sons de Noite 2010 - xullo - cartel

Son da Burga 2010 - II Noite musical - Ourense - Baños de Molgas - xullo - cartel

Festival Intercéltico do Morrazo - 2010 - 26ª edición - Moaña - cartel

Festixeve 2010 - Xeve - Pontevedra - xullo - agosto - cartel

Festa do Viño da Casa de Saxamonde - 2010 - 3ª edición - Redondela - cartel

Festival AntrosPinos - 2010 - 3ª edición - Rianxo - Taragoña - xullo - agosto - cartel

cartel 2010

Venres 30 de xullo: (na Feira do Trece)
21:00 h: Apertura do Oenach cun “acto sorpresa”
22:30 h: Noite de Música Galiciana:
Bonovo
Fía na Roca

Sábado 31 de xullo: (na Feira do Trece)
10:00 h: Feira de artesanía e Comercio artesán.
13:00 h: Degustación de Menú Castreño.
14:00 h: Cita gastronómica para degustar un menú autóctono a base de porco celta ó braseiro.
16:00 h: Xogos populares.
17:30 a 19:30 h: Olimpiadas de Deporte Rural Interterritorial.

Sábado 31 de Xullo: (no Castro de Eiravedra)
22:00 h: Recreacións teatrais no Castro de Eiravedra a cargo da Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. As obras estarán escritas e representadas pola veciñanza da parroquia, e dirixidas por Pedro Pablo Patinho.
23:30 h: Repichoca de Música Tradicional e convite gastronómico na Capela de Placente á beira do Castro.

Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece)
VI Mostra de Razas Autóctonas Galegas
9:00 a 20:00 h: Mostra monográfica do Porco Celta.
10:00 h: Feira de Artesanía e Comercio Artesán.

Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece)
Entre as 11:00 e as 14:00 h: Recreación dun Oenach, con esceas da vida cotiá da época castreña, e representación do Oenach de Sedes a cargo dos veciños.
14:00 h: Entrega de presentes ás entidades colaboradoras.
16:30 a 18:30 h: Recreación do Oenach e representación parateatral a cargo da veciñanza de Sedes.
17:00 a 19:00 h: Encontro de Deporte Rural, coa demostración de diferentes variantes de deporte rural peninsular.
19:00 h: Carreira Popular ó Castro, que xa se está a converter nun clásico como proba atlética na época estival.
20:00 h: Entrega de trofeos de tódalas probas deportivas.
Clausura do Oenach coa entrega da II Edición do Premio Castrexo do Ano.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*