París de Noia e Panorama xuntas na Festa da Xuventude de Val

0
343

paris-de-noia-faro1

As orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA volven coincidir, esta vez na IV Festa da Xuventude de Val (Agolada). Na pasada edición destas festas as cifras de participación superaron as 6.500 persoas e este ano a comisión quere fulminar eses resultados.

Para intentar bater a marca, na IV Festa da Xuventude de Val actuarán dúas das formacións musicais que arrastran a máis xente por toda Galicia sobre todo cando actúan xuntas. As orquestras lideradas por Blas e Lito volverán facer unha boa noite de “competencia entre grandes” e máis en tempos de crise, cando cada vez é máis difícil podelas reunir na mesma noite.

panorama-p

Para que a festa sexa todo un éxito haberá polbo, churrasco e empanada. A organización tamén volve a poñer en marcha un servizo de autobuses dende Rodeiro, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Melide, Silleda, Lalín, Vila de Cruces, Visantoña, Arzúa e Agolada e en caso de chuvia cubrirase o campo cunha gran carpa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*