Catro grandes orquestras para as festas de Sada

0
339

orquesta-versalles-2009-cartelA orquestra coruñesa Versalles será a encargada de abrir o sábado 15 as festas de Sada

A localidade coruñesa de Sada vístese de festa ata o día 18 de agosto. Xa durante todo o mes de agosto tiveron lugar diferentes actividades lúdicas que anticipan como cada ano as festas patronais, especialmente a partir do día 11, pero será a partir do sábado cando comecen oficialmente as celebracións.

Catro días de festa cargados de actos onde destacan coma sempre as verbenas a cargo de orquestras moi consolidadas e a sardiñada popular do último día das festas, xornada que cerra as celebracións cunha gran sesión de fogos de artificio e acuáticos.

VERSALLES, OLYMPUS, PARÍS DE NOIA e XENTE NOVA serán as catro formacións que pasarán por Sada os vindeiros días.

afiche-olympus-2009Domingo 16: Orquestra Olympus

paris-de-noia-2009-cartelLuns 17: Orquestra París de Noia

orquesta-xente-nova-2009-cartelMartes 18: Orquestra Xente Nova

Podes consultar o programa completo das festas de Sada 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*