Das máis vellas

0
611

As Quendas 2009 Mondoñedo

Esta fin de semana longa tamén se celebra unha das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan as verbenas con boas orquestras, a Festa da Empanada (o venres día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, maxia, xogos populares e teatro.

Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

Para unha información máis concreta podes consultar o programa das festas na páxina web do concello: www.mondonedo.net

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*