Magos e Panorama nas festas de Comoxo

0
157

boiro-comoxo-2009-cartelE seguimos dando novas de festas no Barbanza. Desta volta imos a Boiro, onde a parroquia de Comoxo está de festas esta fin de semana. As encargadas de amenizar as verbenas son as orquestras MAGOS DE ESPAÑA e PANORAMA.

En Comoxo celebran o San Miguel con algo de atraso. Aínda que houbo misas o día propio e volverá habelas os días de festa, as celebracións festivas pasáronse para a fin de semana. Na primeira xornada (sábado) actuará un dúo e a orquestra MAGOS DE ESPAÑA. Ese día haberá mexilloada.

A segunda e derradeira xornada será o domingo. En canto á gastronomía esta vez será empanada, e en canto á música, a orquestra PANORAMA acompañada dun dúo musical levará o seu espectáculo El gran musical ata terras boirenses.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*