Antesala da primeira gran feira de Galicia: Pascua de Padrón

0
384

Padrón 2010 Pascua cartel

Cartel anunciador das Festas da Pascua 2010 en Padrón

Estamos xa na antesala do que será unha nova edición das festas máis importantes de Padrón: a Pascua. Xa se coñece o programa case na súa totalidade e a finais da semana comezarán a chegar as atraccións de feira. O domingo de Ramos deberían estar funcionando.

En Padrón esta semana que entra vai cambiar a paisaxe, e bastante. As caravanas dos feirantes comezarán a chegar para instalarse nas inmediacións do IES, como cada ano. Nesta zona o concello preparou varias infraestruturas para acoller as casas rodantes dos que traballan na feira. Contando con que haberá ao redor de cen atraccións de festa e casetas, o número de persoas que dependen deste medio de vida poden chegar a 500 nas festas padronesas. Cincocentas persoas a maiores da poboación habitual durante quince días é unha cifra para ter en conta por parte das autoridades, que deberán facilitar a vida desta xente: tomas de auga, luz, servizo de canalización de sumidoiros, recollida do lixo, etc… Toda unha batería de medidas para que a instalación das caravanas nesta zona da vila entorpeza o menos posible o bo funcionamento no entorno.

E o domingo pola tarde, despois do mercado dominical, comezarán a chegar as atraccións de feira ao campo do souto e explanada do polideportivo. Este ano tamén está prevista a instalación de atraccións detrás do campo de fútbol, no entorno próximo á gardaría. O domingo de Ramos comezaría oficialmente a feira de Pascua.

O cartel de Padrón deste ano contén un gran concerto denominado Festival do Sar 2010 e a actuación de 14 orquestras e grupos musicais, dúas agrupacións por día, durante os sete días centrais das festas.

ORQUESTRAS PARA A FESTA DA PASCUA DE PADRÓN 2010:

DÍA 03: ORQUESTRA GRAN PARADA E GRUPO MASTER
DÍA 04: ORQUESTRAS CHARLESTON BIG BAND E COSTA OESTE
DÍA 05: ORQUESTRA CINEMA E GRUPO ATENAS
DÍA 06: ORQUESTRAS PANORAMA E SINTONÍA DE VIGO
DÍA 09: ORQUESTRAS PHILADELPHIA E MIRAMAR
DÍA 10: ORQUESTRA PONTEVEDRA E GRUPO TEKILA
DÍA 11: ORQUESTRA TV NORDÉS E GRUPO LA OCA

CONCERTO, FESTIVAL DO SAR 2010:

Venres día 9 de abril na Praza de Macías:
– Black Sould Motard
– Noise Project
– The Friendows
– Intercoles
– Dj Mandril Selector
– Dj Grime Selectah

E MÁIS ACTIVIDADES PARA A FESTA DE PASCUA 2010:

Touros – Feira Cabalar – Exposición de maquinaría agrícola e automóbiles de ocasión – Concurso Gran Prix na Praza de Touros – Actuación do grupo humorístico Os Maldados – Espectáculo Pirotécnico – Espectáculo de Baile Latino – Bandas de Música – Chanrangas – Pregón – Atraccións de feira – Mercado – Peregrinación Santiago – Padrón en bicicleta – Carreiras Pedestres – Carreiras en Bicicleta – Fútbol – Waterpolo – Boxeo e moito máis…

En Festa a Festa aproveitaremos para realizar algún vídeo sobre as Festas de Pascua de Padrón 2010 e algunha actuación de orquestras. Comeza a conta a trás para a Pascua 2010 en Padrón.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*