Man a man en Carbia

0
473

Orquesta Panorama - 2010 - 0076 - Vilagarcía (Guillán)

Jorge, Lydia e Giorgio, da orquestra Panorama, posan para Festa a Festa. Hoxe coinciden en Carbia (Vila de Cruces) coa París de Noia na Festa da Xuventude / © Foto: roxegar 2010

Para moitos festeiros unha cita festiva principal segue sendo aquela na que coinciden, man a man, dúas das consideradas mellores orquestras galegas. Estamos a falar de PANORAMA e PARÍS de NOIA, e esta noite veranse en Carbia (Vila de Cruces).

Máis aínda nestes tempos nos que atopar a PARÍS de NOIA e PANORAMA no mesmo cartel, na mesma data, resulta anecdótico. E é que os tempos non están para estes luxos. Por iso hai que aproveitar datas coma esta de Carbia para poder ver xuntas a estas dúas grandes orquestras; das máis mediáticas xunto con outro par delas.

Esta noite PARÍS DE NOIA e PANORAMA vense as caras en Carbia (Vila de Cruces). Últimas oportunidades de poder velas xuntas, pois en dúas semanas a de Noia cerra xira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*