Chega o Planet Tour 2011 de Panorama

0
231

orquesta-panorama-2011-planet-tour-cartel-grande

A orquestra PANORAMA presenta a súa nova xira. Despois do All Stars Tour 2008, a xira do XX aniversario, a xira El gran musical 2009 e a acabada Xira do Xacobeo 2010, a principios do vindeiro mes de marzo, concretamente o venres 4, arranca a nova temporada dunha das orquestras máis demandadas de Galicia: chega o Planet Tour 2011.

En principio con dous únicos cambios, Dunia Santana no lugar de Maythe Leiva e Víctor Rivas no lugar de Jako Fontán. Nova montaxe, como cada ano nos teñen acostumados os de PANORAMA, novo repertorio e moito máis…

En breve coñeceremos máis sobre a nova xira. O Planet Tour 2011 está chegando.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*