Gran Canaria chega a Galicia

0
682

orquesta-gran-canaria-2010-presentacion

E xa chega maio, unhas datas moi esperadas por moitos festeiros e festeiras que estaban agardando impacientes a que aterrase en Galicia a GRAN CANARIA, a nova orquestra que dará moito que falar en 2010.

E será na discoteca Dona Dana de Touro esta noite, a partir das 00:00 horas. Unha presentación oficial para dar a coñecer a nova formación musical representada por Alfa3 Producciones. Aínda que para a maioría dos asistentes ás festas só é necesario presentar o proxecto, porque no que se refire aos seus compoñentes todos eles son grandes coñecidos do mundo verbeneiro.

FORMACIÓN COMPLETA DA ORQUESTRA GRAN CANARIA

David Cazorla (voz principal)

Wladi (voz principal)

Vanessa (voz principal)

Rosalba (voz principal)

Elio Bignotte (trompeta)

Osnel Ceballo (trompeta)

Manuel del Pino (saxo alto e teclados)

Lázaro Sandoval (saxo tenor e frauta)

Ramón Liz (percusión)

Carlos Valencia (percusión)

Carlos Olivera (percusión)

Héctor Guzmán (bajo)

Wilson (piano)

Javier Marval (guitarra)

Heriberto (técnico de son)

E despois da presentación oficial, actuación na discoteca El Vergel de Pontecarreira a vindeira semana. A continuación destas dúas actuacións xa virá o groso da xira que levará por todos os recantos de Galicia a esta nova orquestra que apunta alto.

Desde Festa a Festa desexámoslle moita sorte aínda que con este elenco de profesionais non lles vai facer moita falta.

orquesta-gran-canaria-2010-presentacion-web

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*