Orquestra Gran Canaria: nova imaxe ao completo

0
404

orquesta-gran-canaria-2010-cartelCartel da nova orquestra Gran Canaria ao completo. Da man de Alfa3 Producciones, a formación musical está de xira por Galicia

A orquestra GRAN CANARIA é unha das novidades orquestrais para esta temporada. A formación musical, da man de Alfa3, aspira a ser unha das orquestras revelación do ano. Calidade non lle falta, a banda pode presumir de ter nas súas filas a grandes musicos e cantantes con moitos anos de experiencia ao lombo.

GRAN CANARIA actuará este venres en Malpica, nas festas máis importantes do concello: San Hadrián do Mar. Aínda que o propio día é o 16, as celebracións pasan a ser a fin de semana, e entre os actos máis importantes destaca, á parte das orquestras, a romaría que ten lugar na capela de Santo Hadrián, fóra do núcleo urbano.

Será unha boa oportunidade para comezar as festas en Malpica o venres e gozar dos ritmos característicos de GRAN CANARIA.

FORMACIÓN COMPLETA DA ORQUESTRA GRAN CANARIA

David Cazorla (voz principal)

Wladi (voz principal)

Vanessa (voz principal)

Rosalba (voz principal)

Elio Bignotte (trompeta)

Osnel Ceballo (trompeta)

Manuel del Pino (saxo alto e teclados)

Lázaro Sandoval (saxo tenor e frauta)

Ramón Liz (percusión)

Carlos Valencia (percusión)

Carlos Olivera (percusión)

Héctor Guzmán (bajo)

Wilson (piano)

Javier Marval (guitarra)

Heriberto (técnico de son)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*