Nogueiró celebra o San Xosé por todo o alto

0
371

cartelle-nogueiro-2010-san-xose-cartel-ii

A vindeira fin de semana Galicia rebenta en festas polas catro esquinas. A celebración do San Xosé e varias Festas da Xuventude (algunhas, de nova creación) farán que o teñamos difícil para escoller unha boa festa de campo.

A primeira da que temos que dar conta é a de Nogueiró, no concello ourensán de Cartelle. Alí catro formacións de renome e un dúo musical poñerán a música nunhas festas que comezan o xoves 18 e rematan o sábado. OLYMPUS e LA OCA serán os primeiros en amennizar o baile. A orquestra de Negreira continúa coa súa xira O final do camiño e supoñemos que seguirá presentando novidades ata acabar de configurar o que ha de ser a xira do verán. Pola súa banda, o grupo de Sanxenxo LA OCA, liderado por Dani Dopazo, ofrecerá tamén unha das novas actuacións despois de case un mes de vacacións. Repertorio bailable 100% e adaptable á verbena. Este grupo pode presumir de non levar un repertorio fixo, como a maioría das orquestras, e ir ofrecendo os temas que consideran que son os máis adecuados ao tipo de público e festa que están amenizando.

A segunda xornada será para AMÉRICA e CINEMA. O primeiro está considerado un dos mellores grupos de verbena do momento, e na segunda poderemos ver a nova dianteira feminina: Noelia e Vanessa. Todo un luxo de voces nunha orquestra que loita por manterse en postos altos dentro do mundo da verbena.

A última xornada estará amenizada por un dúo musical, RECUERDOS, e haberá tamén unha churrascada con viño para despedir as celebracións de 2010.

En Nogueiró haberá carpa con calefacción, aínda que esperamos que o tempo se vaia compoñendo e a primavera vaia facendo acto de presenza, o certo é que de momento as noites son frías, e en canto á chuvia, temos que lembrar que estamos en Galicia e aquí xa deberiamos estar afeitos ás festas baixo a auga. En Nogueiró non haberá problemas dese tipo, todo está preparado para comezar un ano máis unhas celebracións de nivel, polo menos en canto a música se refire.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*