A gran esmorga de Golmar queda para o día 9

0
390

a-laracha-golmar-2010-a-gran-esmorga-cartel-1

A festa de Golmar (A Laracha) bautizada como A gran esmorga queda para o vindeiro día 9 de abril. Os malos prognósticos do tempo fixeron tomar esta decisión esperando que haxa máis sorte o segundo venres do próximo mes.

En Golmar estaba prevista a actuación de catro grupos e orquestras para esta noite. Ademais, estaba programada unha curiosa iniciativa que consistía en que a xente levase sacos de durmir para pasar a noite no campo da festa, claro está, baixo tres carpas grandes e outras dúas máis pequenas, e con sistema de calefacción. Para os ousados festeiros habería churrasco gratis a partir das tres da mañá.

Supoñemos que esta iniciativa se manterá na nova data así como o cartel de orquestras. De todos os cambios e non cambios informaremos en Festa a Festa a próxima semana.

a-laracha-golmar-2010-a-gran-esmorga-cartel-2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*