Laíño ponlles a guinda ás festas do concello

0
440

dodro-laino-2009-cartelTres grandes orquestras cerrarán o martes as festas de Laíño

Dodro segue ofrecendo festas. Despois das de Lestrove e Imo, agora tocan as de Laíño, e o cartel é impresionante.

Conscientes de que Rianxo atrae xente, moita xente, en Laíño non están dispostos a cederlles festeiros aos da Guadalupe, por iso o cartel de Laíño é de primeira categoría. Este sábado comezan as festas na parroquia dodrense ao tempo que a Guadalupe de Rianxo, e hai que lucirse… e en Laíño saben moi ben como.

O sábado, para empezar, concerto cos grupos INTERCOLES e SON DE SWIN. Domingo, primeira gran verbena cos grupos ALKAR e CICLÓN, festa asegurada. Luns, segunda gran verbena coas orquestras PONTEVEDRA e CAPITOL, sons clásicos de verbena da man de dúas grandes orquestras. Ademais é raro poder ver a estas dúas formacións musicais na mesma verbena posto que pertencen a axencias diferentes.

E chega o martes: macroverbena con tres grandes orquestras como son FOLIADA da Coruña, CHARLESTON BIG BAND de Padrón e PARÍS DE NOIA. Non é moi usual poder gozar de tres orquestras na mesma noite e menos aínda deste nivel, por iso en Laíño a festa vai durar ata altas horas da madrugada. Non é para menos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*