VENRES 7 ABRIL

Aínda que non hai mellor opción que poder gozar das verbenas en vivo e en directo diante do escenario, para os que non podemos estar alí existe unha moi boa opción que ofrece TeleVerbena unha vez máis. Se puidemos gozar das actuacións do San Froilán 2016 de Lugo desde o noso sofá, hoxe e mañá poderemos volver facer o mesmo e ver o Festival Expoverbena 2017, hoxe por hoxe o maior evento nese formato en Galicia. Desde este enlace poderás ver a actuación de hoxe das orquestras SUAVECITO, LOS ESPAÑOLES, COSTA DORADA, POCEIRO e LA FÓRMULA.

Se tes a sorte de poderes estar alí lembra que haberá moitas sorpresas: entrevistas, fotocall, zona de atraccións para @s nen@s, servizo de bar e restaurante, etc…

[Foto: Music Vanog Publicidad & Marketing del espectáculo]

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*