Cee 2009: Festas da Xunqueira

0
187

cee-xunqueira-2009-cartelOutras das festas importantes, desta volta na Costa da Morte: Festas da Xunqueira de Cee. A continuación ofrecemos a información da fabulosa páxina web quepasanacosta.com, con moitos datos sobre festas e outros temas da zona.

Do 12 ao 16 de agosto de 2009 a Xunqueira toma Cee. Outra das citas obrigadas do verán costeiro, que mestura tradición con música de hoxe en día. As orquestras e as charangas mestúranse cos bandas de rock como Mago de Oz, que actuarán o vernes 14, ou os Golden Apple Quarter, que o farán o domingo.

O pregón será lido por, nada menos, que o Ministro de Cultura, Francisco Caamaño.

A lenda reza

A talla da Virxe da Xunqueira apareceu, segundo reza a lenda, no medio dos xuncos da ría. Foi queimada polas tropas napoleónicas e substituída pola actual, doada en 1812. O templo que lle dá acubillo conserva a capela maior e a súa bóveda de arco apuntado da primitiva construción oxival, de supervivencia gótica. A fachada principal e as dúas torres construíronse en 1878.

cee-xunqueira-2009-programa-1cee-xunqueira-2009-programa-2Fonte: Textos e programas tomados de www.quepasanacosta.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*