San Antón con Olympus en Cee

0
545

Festas de Santo Antón Xallas 2010 (Cee) - cartelPodes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

En Xallas (Cee) están de festas patronais; é o Santo Antón. E os veciños lograron poder levar a unha das orquestras que máis lles gusta: a OLYMPUS. En Xallas “son da vermella”, por iso a formación musical convoca alí a todos os seguidores para a súa big night do mes de xuño.

Será dentro dunhas horas cando a de Negreira, acompañada pola formación VERDE MENTA, que comezará a festa, ofrecerá o seu novo espectáculo en terras da Costa da Morte; lugares onde OLYMPUS está moi ben considerada e é unha das favoritas.

Na casa e coa orquestra que queren, que máis poden pedir os veciños de Xallas-Cee? Pois que o tempo acompañe para que sexa unha noite por todo o alto, unha big night.

Festeir@s - 2010- 00045 - Parada (Ordes)Veciños de Xallas (Cee) e seguidores de Olympus; poderán gozar da súa orquestra esta noite de sábado nas festas patronais da parroquia /© Fotografía roxegar 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*