Leiro está de festas durante tres días

0
472

Rianxo - Leiro 2010 - cartel

[Podes clicar no cartel para ver a información con máis detalle]

A localidade de Leiro, en Rianxo, estará de festas durante tres días. Catro orquestras e un grupo musical amenizarán as tres xornadas festivas.

Para a primeira noite (venres) contouse coa actuación do grupo compostelán CICLÓN, que está apurando xa os seus últimos compromisos desta temporada. O grupo de Noelia, Uxío, Iván e compañía cerra temporada a próxima semana.

A xornada de sábado, na que parece que nos poderemos librar da chuvia, estará amenizada polas orquestras ACHÉ e PHILADELPHIA. Tamén haberá un concerto denominado LEIRO BARRULLEIRO, no que participarán varios grupos. E para rematar, o domingo, chegará a orquestra TV NORDÉS, que estará acompañada por ABANICO, que actúa na casa.

As festas de Leiro veñen cerrando tradicionalmente o calendario festivo en terras de Castelao; para o ano que vén volveremos empezar a ruta festeira alá polo mes de abril. A convocatoria festiva en Leiro é un bo punto e final para a temporada 2010 no concello rianxeiro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*