Panorama e Luar na Lubre arrasan en Ribeira

0
400

Comezaron as Festas do Verán de Ribeira con dúas actuacións impresionantes: a orquestra PANORAMA e o grupo folk LUAR NA LUBRE.

A PANORAMA congregou a milleiros de persoas. Hai quen fala da verbena máis multitudinaria das últimas edicións das festas ribeirenses. O certo é que o Paseo do Malecón estivo colapsado durante os dous pases da orquestra. O público entregadísimo aguantou ata o final da festa (3:10 horas) e se por él fose seguiría a troula.

Pola súa banda o grupo LUAR NA LUBRE congregou tamén a numerosas persoas na Praza do Peixe e fixo un gran concerto. Ante a insistencia do público os de LUAR NA LUBRE fixeron como bis case outro concerto, xa que tocaron a maiores cinco temas máis, e entre eles o seu arquifamoso CHOVE EN SANTIAGO, que non estaba programado pero o público pediu a berros.

O xoves continuaron as festas ribeirenses con SALSA ROSA e LOS SATÉLITES. Hoxe venres tócalle á SINTONÍA DE VIGO e mais ao grupo SAMBA. Os primeiros tocan no Paseo do Malecón e os segundos no parque García Bayón. O concerto na explanda da lonxa será a cargo de OGMIOS e JUANITO BROTHER’S (rap e hip hop). Un programa completísimo e variado en Ribeira, que continúa o sábado coa orquestra LOS TROVADORES e o grupo LA OCA. Ademais haberá un concerto a cargo do grupo de rock galego RUXE RUXE. As festas rematan o domingo con PHILADELPHIA e o espectáculo de TRICICLE.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*