O grupo ribeirense de nova creación, PLATINUM, escolleu a súa localidade para a presentación do novo proxecto musical. Desde as festas do Cruceiro da Saúde, na rúa Galicia, en Ribeira, preséntase a nova formación musical con coñecidos compoñentes da verbena e da música galega.

Platinum 2016 - grupo - cartel

Hoxe, día 1 de maio, no segundo día das festas da rúa peonil ribeirense (onte actuaron varios grupos musicais), é o debut da nova banda dirixida por Abdón Santos e Martín Silva, vellos coñecidos da escena musical ribeirense e compañeiros en diversas formacións como Os Bugis ou Rockfamidas entre outras.

PLATINUM é un grupo de verbena que aposta por ofrecer en rigoroso directo unha variedade musical para todos os públicos. Os seus compoñentes son os ribeirenses Martín Silva (voz e dirección musical), Úrsula Dozo (voz) e Andrés Santos (guitarra); a coruñesa Miriam Díaz -que ocupa o lugar de Ana Paz Santamaría, ribeirense que causou finalmente baixa no grupo-; a pobrense Karol Senise (teclados); o rianxeiro Richard Castaño (batería e percusión); o pontevedrés Antón García (baixo) e o ribeirense Abdón Santos manager e técnico de son.

Desde Festa a Festa e desde Ribeira desexámoslle a este grupo ribeirense a maior das sortes nos campos da festa, seguros de que darán moito que falar e ofrecerán un traballo do gusto da maioría d@s verbeneir@s. Desde hoxe, un novo nome para ter en conta: PLATINUM.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*