Exaltación do pemento de Mougán en Guntín

0
351

guntin-pemento-de-mougan-fotoExaltación do pemento de Mougán, edición de 2007. Fonte: La Voz de Galicia

VIII EXALTACIÓN DO PEMENTO DE MOUGÁN, CARBALLEIRA DE MEIXABOI, GUNTÍN (LUGO). SÁBADO 29 DE AGOSTO

En Guntín están de festa gastronómica dentro dunhas horas. No concello lugués haberá unha nova exaltación do pemento de Mougán. Quen se queira achegar a Guntín pode degustar o pemento de Mougán frito ou en tortilla. A degustación terá lugar, como é habitual, na carballeira de Meixaboi e é gratuíta. Ademais é tradición levar o xantar á carballeira ou mercalo no bar que estará instalado e pasar alí toda a tarde.

A festa estará amenizada pola música de charangas e unha orquestra.

Exposición de coches antigos e de rally para comezar pola mañá, campionato de tute pola tarde e verbena nocturna para rematar o día completan o programa da exaltación do pemento de Mougán que chega así á súa VIII edición.

Programa completo da Festa do Pemento de Mougán

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*