Arteixo, festas in extremis

0
222

orquesta-los-satelites-2010-cartel-de-facebookA orquestra Los Satélites cerran o martes as festas patronais de Arteixo

En tempo marca. As festas de Arteixo comezan un ano máis, pero esta vez polos pelos. A falta dunha comisión de festas fixo que a organización dos populares festexos do patrón se organizasen en só dous meses. E para seren postos en marcha nese curto período de tempo, a verdade é que o programa resulta bastante atractivo.

Hai cambio de situación, as verbenas pasan para a parte traseira do Concello, onde tamén se fixeron este ano as festas das Flores, e os concertos serán na avenida do Balneario. Os fogos artificiais terán lugar no denominado campo verde. Abandónase así a avenida de Arsenio Iglesias e o campo de fútbol, onde todos estes anos tiveron lugar as festas de Arteixo.

Orquestras como SOLARA, PRINCIPAL, COMPOSTELA ou LOS SATÉLITES, que cerrarán o martes, serán as encargadas de amenizar as verbenas ata ese día. Tamén haberá concertos como por exemplo o de UXÍA, e outras propostas musicais que podes consultar no programa que publicamos nesta entrada para que teñas toda a información sobre unhas festas que non deberían ter estes problemas de organización e que en edicións pasadas chegaron a ser realmente importantes e das mellores da zona. Para que iso volva a ser posible a alcaldesa lembrou a necesidade de que se constitúa canto antes unha nova comisión que comece xa a traballar nas celebracións do vindeiro ano. Mentres, podemos gozar das festas que comezan oficialmente hoxe, aínda que xa onte houbo xornada festiva coa inauguración do novo complexo deportivo. Ata o martes a festa será a dona de Arteixo un ano máis, pero esta vez polos pelos…

http://www.arteixo.org/servicios/cultura/2010/imagenes/psantiago2010.png

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*