Cangas vístese coas mellores galas

0
373

orquesta-juan-mallo-2009-cartelA orquestra coruñesa Juan Mallo actuará en Cangas do Morrazo o domingo 30 de agosto nas festas do Cristo

CONCERTOS DE VERÁN SON DE CANGAS 09 DESDE O 26 DE AGOSTO

FESTIVALINHO 09 SAN AMARO – ALDÁN – CANGAS O 29 DE AGOSTO

FESTAS DO CRISTO EN CANGAS DESDE O 29 DE AGOSTO AO 5 DE SETEMBRO

A capital do Morrazo está de celebración: Cangas comeza xa as súas festas do Cristo ata o vindeiro sábado día 5 de setembro. Aínda que o ambiente festivo xa se respira por mor dos CONCERTOS DE VERÁN SON DE CANGAS 09 e ao FESTIVALINHO de San Amaro – Aldán que van tendo lugar, será hoxe cando comece oficialmente o programa de festas co pregón e as primeiras verbenas.

Todo tipo de actividades, especialmente as musicais e deportivas (non podía ser menos xa que no Morrazo hai unha boa canteira de deportistas de todas as disciplinas pero sobre todo as que teñen que ver co mar), levarán a festa grande a Cangas do Morrazo durante máis dunha semana.

Presentamos aquí o programa de verbenas. Para consultar o programa completo clica aquí.

PROGRAMA VERBENAS 2009 CRISTO DE CANGAS DO MORRAZO

…..SÁBADO 29

Orquestras FLORIDA e COSTA AZUL

…..DOMINGO 30

Orquestra JUAN MALLO

…..LUNS 31

Orquestras JUAN MALLO e SAUDADE 73

…..VENRES 4

PEDRO GUERRA EN CONCERTO

…..SÁBADO 5

Orquestra RÍA DE AROSA

Haberá concertos e actuacións musicais non de verbena todos os días de festa grazas a un programa deseñado onde se dá unha gran variedade de estilos e xéneros musicais. Todas as actuacións musicais no programa de festas.

Consulta o programa dos CONCERTOS DE VERÁN SON DE CANGAS 09.

Consulta o programa do FESTIVALINHO 09.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*