Continúa a febre das galas: Armonía Show celebra os 30 anos

0
340

cerceda-gala-2009-cartel

Podes clicar na imaxe para ver o cartel a maior tamaño

Quen pensase que coa macrogala da orquestra PANORAMA en Ordes o 30 de abril pasado, onde se congregaron 45000 persoas e posteriormente o primeiro venres de xuño en Barrantes coa gala do 50 Aniversario da PARÍS DE NOIA remataban por este ano as celebracións estaba ben confundido.

Hoxe, en Cerceda, nas instalacións do Aquapark, terá lugar a Gala 30 Aniversario da orquestra ARMONÍA SHOW, unha agrupación canaria que vén todos os veráns percorrer as parroquias galegas cunha extensa xira. A orquestra presentará os seus novos CD e DVD e anúncianse grandes sorpresas.

O acto inclúese dentro da celebración denominada CERCEDA SE VISTE DE GALA, que terá lugar hoxe venres e o que vén. O prato forte gárdase para o vindeiro venres, no que actuarán entre outros a orquestra IPANEMA de León, ÁLEX UBAGO, LA CAJA DE PANDORA, CAMELA e o grupo 6X1.

E con esta gala en Cerceda non rematan este tipo de actos. En breve seguiremos informando de máis…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*