Aínda que o Entroido marca dalgún xeito as primeiras festas populares en Galicia, normalmente é a Pascua padronesa a que dá o pistoletazo de saída a cada temporada. Este ano adiantámonos un par de semanas á cita de Padrón para ir actualizando a páxina cos novos afiches das orquestras e os primeiros grandes carteis da temporada.
Na nosa conta de Flickr podes ver os primeiros carteis das distintas formacións musicais para 2017.
Vémonos nas festas!